A Asociación Veciñal de Teis, quer manifestar a nosa posición contraria a desafectación dos terreos da ETEA, nos ámbitos PS1 (viais) e PS4 (zona deportiva), o que supón que 51.000 metros cadrados da ETEA, deixen de ser patrimonio municipal, para voltar ao Consorcio da Zona Franca de Vigo.

No ano 2009 asinouse un convenio entre ( Concello, Xunta e Consorcio) que recollía pagar por estes terreos, logo dunha sentenza xudicial de 2020 polo incumprimento do convenio por parte do Concello de Vigo, agora hai que devolvelos.

Como se explica que despois de 13 anos da sinatura do convenio, agora estes terreos que eran patrimonio municipal, deban voltar ao Consorcio da Zona Franca de Vigo. Cando é unha entidade pública pero que ten como obxectivos principais a promoción económica e empresarial.

O goberno municipal non quer pagar 11,5 millóns de euros, tendo en caixa 130 millóns de euros e cando todos os anos fican partidas importantes dos orzamentos sen executar. Está claro que non é un problema de diñeiro, se non de prioridades e de interese.

Ao longo deste anos Abel Caballero, mentiu reiteradamente á veciñanza de Teis e de Vigo, en relación a ETEA. Sempre dixo que o Concello só tiña responsabilidades sobre o pavillón e agora recoñece que 51 mil metros cadrados pertencían ao patrimonio municipal.

É moi preocupante o desinterese e o desleixo que amosa o Concello de Vigo sobre a ETEA e esta decisión só vai provocar que perdamos aínda máis tempo e que entre Xunta e Concello a ETEA ,siga abandonada.

O primeiro interesado en recuperar a ETEA para a veciñanza de Teis e de Vigo, sería o Abel Caballero, Alcalde de Vigo, pero para a nosa sorpresa a súa xestión e de boicotear a recuperación destes terreos.

Desde a Asociación Veciñal de Teis, a solución pasa por pagar a cantidade acordada no seu día 11.5 millóns de euros ou negociar un novo acordo entre as tres administracións ( Concello, Xunta e Consorcio) implicadas na ETEA.