Desde a Asociación Veciñal de Teis, dirixímonos por carta a Alfonso Rueda, presidente da Xunta de Galiza e a Abel Caballero, Alcalde Vigo, con motivo da xuntanza que manter este vindeiro  25 de xuño,  para tratar sobre as necesidades da cidade   

Nesta xuntanza consideramos prioritario que ambas administracións traten, sobre a necesidade  de desbloquear a recuperación dos terreos da ETEA, que seguen nun estado de abandono.

Estamos a falar dun lugar privilexiado na ría de Vigo  e despois de case 21 anos da saída dos militares destes terreos, non podemos seguir por máis tempo nesta situación de paralización e bloqueo, da cal ambas administracións  (Xunta e Concello de Vigo ) teñen responsabilidades.

Non é lóxico que despois de tantos anos, aínda estamos a falar da urbanización dos viaís (PS1), actuación que debía estar feita hai bastantes anos.

Nesta xuntanza debe desbloquearse a realización do proxecto de urbanización dos viaís e avanzar no traslado do Instituto de Investigacións Mariñas e da Universidade de Vigo. Ademais, da realización da necesaria residencia de maiores ou da mellora das instalacións deportivas.

RECUPERACIÓN EDIFICIO PARA CAFETARÍA

Desde quixemos tamén aproveitar  é lembrar a Alfonso Rueda, presidente da Xunta de Galiza, que o goberno  galego debe actuar na recuperación do edificio da antiga panadaría ( parque público), que agora atopase sen ningún uso e abandonado  para destinalo a cafetaría, como xa  se anunciou hai anos e  do que non hai ningún avanzo.