A Asociación Veciñal de Teis, realizou esta mañá  un acto simbólico diante do edificio administrativo da Xunta e do Concello, para denunciar o abandono dos terreos da ETEA e esixir uns aseos nestes terreos.    

Desde a Asociación Veciñal de Teis, levamos anos a reivindicar a necesidade de instalar uns aseos públicos nos terreos da ETEA.

En toda a superficie da ETEA, non hai ningún aseo público aberto, debido a gran afluencia da veciñanza sobre todo no verán, este servizo convértese nunha necesidade.

Ao longo dos meses de abril e maio, esta Asociación, dirixiuse novamente por escrito á Xunta de Galiza e ao Concello de Vigo, expondo esta demanda. No caso da Delegada da Xunta en Vigo, solicitando unha xuntanza para tratar sobre este tema e outros da ETEA, sen recibir resposta.

A Xunta de Galiza, podería destinar o edificio que ocupaba a antiga panadaría, dentro do parque público, se destine para cafetaría con aseos públicos. Outro emprazamento podería ser o pequeno edificio ao carón da pista de skate, tamén no parque público.

Nestes dous edificios xa estaba previsto no proxecto da construción do parque público ano 2012, destinalos un para a cafetaría e outro para aseos públicos e vestiarios, que logo nunca se realizaron.

Ao Concello de Vigo, podería no quiosco que se instala todos os verán no peirao, incluír uns aseos públicos ou instalar uns aseos permanentes nalgunha das construcións existentes no peirao.

Todas as propostas da Asociación, son viábeis o único que debe existir é vontade política, de actuar nos terreos da ETEA, para dotar de servizos a veciñanza que acode a estes terreos.

Residencia para maiores

Entre outubro e decembro de 2021, realizáronse nos terreos da ETEA os traballos de demolición dos edificios actualmente en desuso: o cuartel de mariñeiría Méndez Núñez e o cuartel de alumnos José Luis Díaz, para liberar estes terreos para construción deste residencia.

Despois de varios meses da finalización destes traballos de demolición e cos terreos xa liberados, aínda non comezaron as obras para construción desta residencia para persoas maiores.

Debemos ter en conta que  por parte da Xunta anunciouse en 2017  a construción dunha residencia para   maiores  nos terreos da ETEA, despois de cinco anos aínda non se colocou, nin a primeira pedra.