A ASOCIACIÓN, DENUNCIA A FALTA DE PEDIATRAS NO CENTRO DE SAÚDE
A Asociación Veciñal de Teis, denuncia a falta de dous pediatras en horario de mañá no centro de saúde de Teis.
Esta situación prodúcese desde o pasado xoves, seica pola baixa médica de dous facultativos.
A falta de dous pediatras en horario de mañá, provoca que para ser atendido por un pediatría, teñan que desprazarse até o hospital Álvaro Cunqueiro.
Nestes dous días moita veciñanza con nenos/as, queixáronse a Asociación desta situación, polas molestias que isto provoca.
Para a Asociación, consideramos como un servizo público prioritario a sanidade, e calquera baixa dun pediatra ou médico debe ser cuberto de xeito inmediato e sen demora. Non estamos dispostos a aceptar ningunha mingua dos servizos sanitarios.
Desde a Asociación Veciñal de Teis, esiximos a Consellaría de Sanidade, que de xeito inmediato, se produza a substitución destes pediatras e se garanta o funcionamento normal do centro de saúde de Teis.