A Asociación Veciñal de Teis, dirixiuse por escrito hai quince días a Julio Comesaña, Conselleiro de Sanidade, para trasladarlle a nosa preocupación e indignación pola falta de médicos polas tardes no centro de saúde Teis.

Desde o pasado mes de novembro no centro de saúde de Teis polas tardes, hai 3 médicos, cando deberiamos contar cun total de até 9 médicos.

Está falta de persoal provoca a veciñanza, que cando solicitas cita para o médico sexa para dentro de 15 días ou que as urxencias sexan derivadas para o PAC. Ademais, de sobrecargar de traballo ao médicos que están polas tardes.

Esta situación provoca un deterioro da atención sanitaria na parroquia de Teis, que non pode prolongarse no tempo, como acontece  xa noutros centros de saúde do noso país.

Desde a Asociación Veciñal de Teis, parécenos unha prioridade ter unha sanidade pública de calidade e non imos aceptar ningún recorte no persoal do centro de saúde de Teis.

Polo que solicitamos desde a Asociación que de maneira urxente se destinen os  médicos necesarios polas tardes para cubrir as prazas coas que conta o centro de saúde de Teis.