A ASOCIACIÓN, DENUNCIA A FALTA DE MANTEMENTO DO PARQUE DA GUÍA.
A Asociación Veciñal de Teis, quer denunciar publicamente a falta de mantemento e o abandono do parque da Guía, unha das zonas verdes máis importantes da cidade.
A vexetación invade todo o parque incluso os sendeiros, o sebe está sen cortar, as varandas tamén necesitan mantemento, pois é visible o oxido.
O pasado 9 de xuño está Asociación, presentou sendos escritos dirixidos ao Concelleiro de parques e xardíns, para denunciar a falta de mantemento do parque da Guía, aos poucos días comprobamos que se procede a actuar unicamente na avenida de Dona Fermina, a vía principal de aceso ao parque e o mirador, pero deixando o resto do parque na mesma situación. O parque da Guía é algo máis que a avenida de Dona Fermina.
Non entendemos como un dos parques máis importantes da cidade atopase neste estado de abandono. Alguén imaxinase que algún persoa que visite o parque da Guía, e se atope o parque no estado actual. Que imaxe levara da cidade?
Sería necesario que o Angel Rivas, concelleiro de parques e xardíns e Abel Caballero, visitarán o parque da Guía e comprobaran o estado do mesmo.
Diante desta situación, ademais de solicitar unha actuación urxente no parque, solicitamos unha xuntanza co Concelleiro de parques e xardíns, para tratar sobre a situación dos grandes parques de Teis, A Guía e A Riouxa, pois é necesario unha actuación para por en valor estes grandes parques, que están abandonados.
Vigo, 22 de xuño de 2020