Unha representación da xunta directiva da Asociación Veciñal de Teis, mantivo onte pola mañá unha xuntanza con Ana Ortiz, delegada da Xunta de Galiza en Vigo, para tratar varios temas que afectan a parroquia de Teis, competencia  do goberno galego (ETEA, centro de saúde, reforma da avenida de Galiza, xacemento arqueolóxico no parque da Guía).  

Recuperación dos terreos da ETEA e construción cafetaría.

Desde a Asociación, demandamos a delegada da Xunta que a recuperación dos terreos  da ETEA sexa unha prioridade.

Agardamos que a “ nova etapa “ que se iniciou o pasado 24 de xuño, das relacións da Xunta de Galiza e do Concello de Vigo, non se quede só nunha foto ou nunha declaración de intencións e haxa avanzos reais na recuperación dos terreos da ETEA (urbanización de vías, construción da residencia de maiores, etc), ao longos destes anos houbo moitos anuncios por parte das diferentes administracións, pero logo non se fixo nada.

Tamén, lembrámoslle a Ana Ortiz, o anuncio realizado por  Marta Fernández Tapias, anterior delegada da Xunta de Galiza, en novembro de 2022, que ía destinar o antigo inmoble da panadaría  para cafetaría, edificio que se atopa en estado de abandono no parque público da ETEA.

A idea de destinar este edificio para cafetaría, non é algo novo, xa en 2012 cando se presentou o proxecto do actual parque público figuraba o uso deste inmoble para cafetaría    

Desde a Asociación, consideramos necesario que se recupere este inmoble e se destine para cafetaría.

Falta de médicos  no centro de saúde e agora sumase a falta dunha enfermeira

A falta de médicos padecémola desde novembro de 2023, na actualidade faltan 5 médicos de tarde, dun total de 18 médicos. A isto hai que engadir a falta dunha enfermeira en pediatría polas mañás, desde hai quince días.

Está falta de persoal provoca, que cando solicitas cita para o médico sexa para dentro de 15 días, que as urxencias sexan derivadas o PAC ou que para facer unha analítica teñas cita para un mes. Ademais, de sobrecargar de traballo ao médicos que están polas tardes.

Está situación supón un deterioro da atención sanitaria, na parroquia de Teis, que non pode prolongarse no tempo, como acontece xa noutros centros de saúde do noso país.

Desde a Asociación Veciñal de Teis, esiximos a Xunta unha solución a está situación de falta de persoal no centro de saúde.