parque da Guía

A Asociación Veciñal de Teis, dirixiuse por escrito a Concellaría de Turismo, solicitando que o autobús turístico inclúa no itinerario o parque da Guía.

Hai bastantes anos debido aos problemas de aceso desde a rúa Doutor Corbal, o autobús turístico deixou de incluír no seu itinerario o parque da Guía, pero a realidade e que desde fai tempo a rúa Doutor Corbal é de sentido único e abriuse a rúa Pedro Alvarado, polo que o aceso ao parque da Guía mellorou moito.

En 2016 e 2017, dirixímonos por escrito a esta Concellaría, solicitando que o autobús turístico, modificará o seu itinerario e incluirá o parque da Guía. No mes de abril de 2016, recibimos un escrito desta concellaría, indicando que estudarían esta proposta, logo cinco anosdescoñecemos as conclusións dese estudo.

Hai unha semana anunciábase a posta en marcha do autobús turístico, pero comprobamos que se exclúe un ano máis o parque da Guía.

Desde a Asociación, non entendemos como se pode excluír o parque da Guía, do autobús turístico, sendo un dos grandes parques da cidade de Vigo, que conta cunha grande carballeira, no casco urbano da cidade.

A decisión de non incluír no autobús turístico o parque da Guía, deixa claro a falta de interese e deixades do goberno municipal, de potenciar e por en valor este parque.

Esta Asociación, xa non é a primeira vez que nós últimos anos denunciamos a deixades do goberno municipal co parque da Guía, arbores invasoras (eucaliptos,acacias) impiden desfrutar dunha parte das vistas sobre a ría de Vigo, non hai unha cafetería, non se potencia a carballeira, non hai un parque infantil,etc.