A Asociación Veciñal de Teis, dirixiuse hai uns días por escrito a Concellaría de Deportes, reclamando a recuperación da piscina da ETEA.

No ano 2017, o goberno municipal, decidiu cubrila para destinala a pista de ximnasia, pero incluíndo un sistema que no futuro permitirá poder recuperala.

Desde hai 10 meses, a piscina municipal de Teis, atopase pechada ao sufrir un incendio, e aínda non comezaron as obras para recuperar está instalación deportiva, usada por 1500 usuarios.

Si a piscina da ETEA, estivera funcionando na actualidade poida perfectamente cubrir a demanda da veciñanza de Teis, que agora ten que desprazarse polas diferentes instalacións deportivas da cidade.   

A Asociación Veciñal de Teis, sempre defendeu a recuperación de todo complexo  deportivo da ETEA  que tiñan os militares, incluída a piscina.

A Asociación, sempre fomos contrarios a cubrir esta piscina, logo de  realizar un investimento municipal na mesma e de que supoñía unha perda dunha instalación deportiva  para a Teis e a cidade.

A piscina da ETEA, podería ter diferentes usos como por exemplo natación sincronizada, wáter-polo ou spa.

Desde a Asociación, consideramos que agora sería o momento  de recuperar a piscina da ETEA, para Teis e para Vigo.