Unha representación da xunta directiva da Asociación Veciñal de Teis, está mañá colocou simbolicamente unha replica duns aseos na praza para denunciar

O acto simbólico, é para unha vez máis demandar da Xunta de Galiza e do Concello de Vigo, unha resposta a demanda desde hai anos, de dotar aos terreos da ETEA duns aseos públicos.

No período de verán son moitos os/as veciños/as que nos achegamos aos terreos da ETEA, para poder desfrutas deste espazo en contacto coa ría, pero carecemos dun simple aseo, xerando un problema de hixiene.

A falta duns simples aseos nos terreos da ETEA, é unha evidencia máis do abandono dos terreos da ETEA.

Isto non queda só na falta duns aseos, levamos agardando 4 anos, pola anunciada construción da residencia para maiores, que seica vai realizar a fundación Amancio Ortega, pero aínda non se colocou nin a primeira pedra.

Tamén, é necesario mellorar os espazos públicos na beiramar ( parque público peirao e paseo marítimo) cada un destes espazos presentan deficiencias, non hai papeleiras no peirao e no paseo marítimo, as pistas deportivas do parque están deterioradas, hai mellorar o mantemento do espazos verdes, …

Por último, consideramos necesario unha coordinación entre a Xunta de Galiza e o Concello de Vigo, para o desenvolvemento dos terreos da ETEA, despois de case 20 anos da saída dos militares.

Acto colocación simbólica de aseos na praza da ETEA