A ASEMBLEA, ELIXE A NOVA XUNTA DIRECTIVA DA ASOCIACIÓN PARA OS VINDEIROS TRES ANOS.
A ASEMBLEA, ELIXE A NOVA XUNTA DIRECTIVA DA ASOCIACIÓN PARA OS VINDEIROS TRES ANOS.
A Asemblea celebrada na tarde de onte, elixiu a nova xunta directiva da Asociación Veciñal de Teis, para os vindeiros tres anos.
A asemblea presentouse unha única candidatura promovida pola xunta directiva saínte, encabezada por Anxo Iglesias Covelo e integrada por un total de 15 socios/as. Está candidatura contou co voto unánime dos socios/as presentes na asemblea.
- Anxo Iglesias Covelo. Presidente.
- Alicia Moreno González. Vicepresidenta.
- Manuel Alonso Moure. Tesoureiro
- Julio González González. Secretario
- Roberto Alonso Pérez. Vogal
- José Manuel Barbosa Pirame. Vogal
- Manuel Pérez Vázquez. Vogal
- María de los Angeles Roman Cabral. Vogal
- Javier Díaz Lemonche.Vogal.
- Beatriz Pedrido Rodríguez. Vogal
- Belén Collazo Parada. Vogal
- Xosé Luís Clemente Ledo. Vogal
- Bruno Estévez Iglesias. Vogal
- Higinia Fernández Fernández. Vogal
- Eduardo Lorenzo Lema Martinez. Vogal.
Na nova xunta directiva compaxinase a experiencia coa incorporación de 5 novos directivos.
Tamén, temos que sinalar que Antonio Collazo Collazo, quen foi presidente ao longo dos últimos 23 anos, tomou a decisión persoal de non continuar na xunta directiva e finalizar a súa etapa como presidente. Na asemblea recoñeceuse o seu gran traballo para a Asociación e a súa entrega desinteresada ao longo de tantos anos a servizo de Teis.