A A.V. DE TEIS, ESIXE A RENOVACIÓN DA REDE DE ABASTECEMENTO DE AUGA
A A.V. DE TEIS, ESIXE A RENOVACIÓN DA REDE DE ABASTECEMENTO DE AUGA DA AVDA DE GALIZA.
A Asociación Veciñal de Teis, quer denunciar publicamente unha vez máis que o pasado domingo houbo unha rotura na avenida de Galiza, que provocou o corte do suministro de auga desde ás 03:00 horas da madrugada até ás 10:00 horas da mañá. Achegamos fotos.
O 31 de xullo de 2013 anunciábase por parte da Concellaría de Fomento, unha serie de investimentos para o ano 2013 na renovación das redes na cidade, que incluía ao barrio de Teis e entre outras rúas a avenida de Galiza, as obras que comezarían no mes de outubro e finalizarían no mes de decembro dese ano.
A Asociación Veciñal de Teis, esixe o cumprimento total do plan de inversións de Aqualia para 2013 en Teis presentado publicamente. O goberno municipal debe preocuparse de cumprimento e execución dos anuncios e de menos propaganda.
Desde a Asociación, vimos demandando desde fai tempo a renovación das redes de abastecemento de auga e saneamento nalgunhas rúas e camiños do barrio, debido ao seu mal estado de conservación, o que provoca continuas roturas e molestias a veciñanza, corte no abastecemento de auga, danos nas vivendas, etc.
Por último, sinalar que está asociación valoramos que o goberno municipal deberá recoller novas actuacións na rúas do barrio, que non figuran no plan de Aqualia 2013, na rúa da Campa, rúa Gerardo Campos Ramos, Subida a Ponte, rúa Doutor Corbal, rúa Purificación Saavedra e rúa Amieiro.
Vigo, 4 de novembro de 2014.