A.V. DE TEIS, DENUNCIA A FALTA DE MANTEMENTO DAS RÚAS E CAMIÑOS DO BARRIO.

 

A Asociación Veciñal de Teis, quer denunciar publicamente a falta de mantemento de moitas rúas e camiños do barrio, que presentan un mal estado do firme debido a existencia de fochancas, desde fai meses.

Está situación foi denuncia  por está asociación a Concellaría de Fomento, en reiteradas ocasións por escrito, o pasado ano e no mes de xaneiro e en marzo deste ano, a última o pasado 14 de marzo e incluso persoalmente a David Regades, Concelleiro de Fomento, sen que até o momento se tomará ningunha medida.

O mal  estado do firme dalgunhas rúas e camiños, agravouse polo mal tempo deste inverno, pero nalgúns casos como  é o caso da rúa da Oliveira,  camiño de  Travesan ou a Baixada a Igrexa,etc, a existencia de fochancas son moi anteriores ao período de chuvias.

 No caso concreto do camiño de Travesan, levamos entre a veciñanza e está asociación solicitado o tapado dunhas fochancas desde  xuño de 2013.

Desde a asociación valoramos que está  situación do mal estado do firme, debese a unha falta de capacidade de xestión por parte do goberno municipal, que tendo coñecemento das denuncias pola asociación e a veciñanza, non é quen de dar unha resposta.  Non estamos falando do asfaltado dunha rúa, si non de que se garante o mantemento, que se tapen unhas fochancas.

 Detallamos a relación de rúas e camiños dos que temos coñecemento:

  • Camiño Travesan  no tramo do número 5. Reclamación presentada o 21 de xuño, o 12 de setembro de 2013, o  21 de xaneiro de 2014  e o pasado 14 de marzo de 2014.
  • Rúa Oliveira  no tramo dos números 56-58. Reclamación presentada en varias ocasións ao longo de 2013, pasado 21 de xaneiro de 2014 e o pasado 14 de marzo de 2014. Achegamos fotos
  • Baixada a Igrexa, a altura do número 29 e noutros puntos. Reclamación presentada o 6 de novembro de 2013, o  21 de xaneiro de 2014 e o pasado 14 de marzo de 2014.
  • Camiño da Xorxa con cinco puntos con fochancas,  reclamación o pasado 14 de marzo de 2014Achegamos fotos
  • Subida a Ponte, a altura do número 20, o pasado 14 de marzo de 2014. Reclamación o 14 de marzo de 2014.
  • Rúa Gerardo Campos Ramos, entre os números 2 e o 8. Reclamación o 14 de marzo de 2014.
  • Rúa Doutor Corbal, despois do colexio San José da Guía, aínda que está previsto neses o seu asfaltado. Reclamación o 14 de marzo de 2014.
  • Rúa Caharela a altura do número 46. Reclamación presentada o 29 de xaneiro de 2014 e o 14 de marzo de 2014.
  • Camiño de Caxide, afundimento. Reclamación o 14 de marzo de 2014.
  • Avenida de Buenos  Aires, a altura do supermercado. Reclamación en xaneiro de 2014.
  • Traída das Augas, no tramo entre a Pedrosa e o Paraixal. Reclamación en xaneiro de 2014.

 A Asociación, reclama unha resposta do goberno municipal no barrio para a mellora do firme dunha parte importante das rúas e camiños do barrio, co tapado das fochancas e  un mantemento  dos mesmos.