A Asociación Veciñal de Teis, celebrou na tarde de onte unha asemblea informativa, coa asistencia de perto dun  cento de veciños/as, para analizar a situación creada polas continuas roturas das tubaxes da rede de abastecemento de auga nas últimas semanas no barrio.   Que confirman o estado de deterioro destas tubaxes, situación da que ten coñecemento desde fai anos a Concello de Vigo e a concesionaria Aqualia.

O pasado 9 de novembro, solicitamos por escrito unha xuntanza urxente co Concelleiro de Fomento, David regades, pois nesa semana houbo o afundimento de parte da rúa Boan e ao longo desa semana 5 roturas de tubaxes maís.

Desde está petición de xuntanza fai 11 días, non recibimos ningunha resposta oficial e as roturas continúan, a última a pasada semana na avenida de Galiza e van continuar, polo mal estado das tubaxes.

Está situación xa non é sostíbel máis no tempo, debido as continuas molestias a veciñanza, nalgúns casos  debido as inundacións de baixos ou danos nos electrodomésticos.

Na asemblea acordamos facer publico que imos agardar está semana para que o Concelleiro de Fomento reciba a unha representación da asociación e da veciñanza, se non tomarase outro tipo de medidas de presión de inmediato.

Temos que lembrar que a prórroga acordada por cinco a concesionaria Aqualia, incluía un plan de investimento para modernizar a rede de abastecemento.   

Desde  a A.V. de Teis a elaboración dun plan urxente de substitución das tubaxes das rúas Boán, Balbarda, subida a Ponte e avenida  de Galiza e da mellora da rúa Boán coa construción de beirarrúas.  

 

Vigo,  20 de novembro de 2012.