ESTE FIN DE SEMANA, DÚAS NOVAS ROTURAS DE TUBAXES EN TEIS.

Ao longo deste fin de semana, producironse dúas novas roturas nas tubaxes do barrio de Teis, no día de onte na rúa Doutor Corbal fronte ao número 1 e nesta madrugada na rúa Gerardo Campos Ramos,nº 8. Achego fotos.
No caso da rúa Gerardo Campos Ramos a rotura provocou unha grande fochanca, o corte do subministro de auga desde ás 7:00  da madrugada até ás 13:00 horas aproximadamente e inundando un baixo dun edificio provocando danos.  
A Asociación Veciñal de Teis, quer exixir publicamente ao goberno municipal o cumprimento do acordo plenario do pasado 25 de xaneiro de 2013, na que se acordou grazas o apoio dos grupos da oposición, a elaboración dun plano de mellora do abastecemento de Teis, debido as continuas roturas das tubaxes dalgunhas rúas do barrio.
Logo de máis dun mes non temos ningunha noticia por parte da Concellaría de Fomento, sobre os termos deste plano de mellora do abastecemento de Teis, pero as roturas das tubaxes continuan. Nos últimos días na rúa da Campa, 3 houbo dúas routras das tubaxes no mesmo punto o pasado xoves 21 e na madrugada do domingo 24.O Concello de Vigo, debe por fin a estás roturas, dando cumprimento ao acordo plenario e exixindo a concesionaria do  servizo municipal “Aqualia “,  o mantemento da rede de abastecemento de auga. O goberno municipal , non pode seguir mirando para outro lado e seguir amosando a súa incompetencia.

Vigo, 10 de marzo de 2013.

Anxo Iglesias Covelo.
Secretario da A.V. de Teis.