NOTA DE IMPRENSA

A.V. DE TEIS, DENUNCIA SEIS ROTURAS DE TUBAXES EN 15 DÍAS.

 

A Asociación Veciñal de Teis, quer denunciar  públicamente que no período de quince días, producíronse seis roturas de tubaxes no barrio de Teis, tres roturas nesta semana.

Nas roturas desta semana dúas  na rúa Campa e unha na subida a Ponte. A última esta mesma mañá na rúa Campa, que os operarios da concesionaria Aqualia estaban amañando. Achegamos fotos.

Estamos falando na actualidade contabilizadas pola asociación de máis  27 roturas de tubaxes no barrio de Teis,  debido ao deterioro e mal estado da rede de abastecemento de auga.

A Asociación quer agradecer a colaboración da veciñanza afectada, que está avisando a asociación das novas roturas, para que teñamos constancia das mesmas e denunciemos esta situación.

As roturas supoñen o corte do suministro de auga, o deterioro das rúas e camiños  con continuos remendos, nalgúns casos danos aos electrodomésticos e propiedades. Ademais de constatar un pésimo servizo  da concesionaria municipal Aqualia, que se lucra cos noso cartos.

A Asociación, xa que o Concelleiro de Fomento, nin o Alcalde, reciben a asociación ou a veciñanza afectada, que visiten o barrio de Teis, para dar explicacións a veciñanza desta situación escandalosa. Iso sí, que as visitas non sexan as agachadas.

Por último, diante da gravidade da situación e da falta de resposta do goberno municipal, co incumprimento incluso dun acordo plenario, vaise convocar a veciñanza afectada  a unha asemblea a comezos da vindeira semana.

Vigo 13 de xullo de 2013

 

Asdo. Anxo Iglesias Covelo.

Secretario da A.V. de Teis.

AS DUAS PRIMEIRAS FOTOS SON DA RÚA CAMPA E A TERCEIRA FOTO DA SUBIDA A PONTE