NOTA DE IMPRENSA
         Está pasada madrugada unha nova rotura na Subida a Ponte. 
A.V. DE TEIS, LEVAN CONTABILIZADAS VINTE ROTURAS NAS TUBAXES DE TEIS, 
NOS ÚLTIMOS MESES. 
Está pasada madrugada  unha nova rotura da tubaxe do abastecemento de auga, na Subida a Ponte entre os números 23 e 25, provocou o corte do subministro de auga as rúas do entorno (subida a Ponte, Gerardo Campos Ramos, etc) desde ás 5:00 horas da madrugada até ás 12:00 horas desta maña.  Achegamos foto.
A Asociación Veciñal de Teis, temos contabilizadas desde novembro de 2012, vinte e unha  roturas  das tubaxes do barrio, sempre nas mesmas rúas, que son as que presentan un peor estado de conservación das tubaxes.


Desde fai meses estamos reivindicando un plan de mellora da rede de abastecemento no barrio, que supoña a substitución das tubaxes daquelas rúas continuas roturas, como pro exemplo Boan, avda de Galiza, Gerardo Campos Ramos, Balbarda, subida a Ponte, Purificación Saavedra, etc.

Debemos lembrar que hai un acordo plenario do mes de xaneiro de 2013, onde se asumía as reivindicacións veciñais, pero que o goberno municipal aínda foi quen de executar a día de hoxe.

O goberno municipal que preside Abel Caballero, as únicas medidas que tomou nestes meses en relación a esta situación e negarse a reunirse coa Asociación Veciñal de Teis  e a retirar xa en dúas ocasións as pancartas colocadas por esta asociación.

 

Vigo 20 de maio de 2013

 

 

Anxo Iglesias Covelo.

Secretario da A.V. de Teis