A.V. DE TEIS, CONSIDERA UNHA VERGOÑA É UN ESCANDALO , QUE O MINISTERIO FAGA UNHA OBRAS NA AUTOESTRADA AP9, SEN MELLORAR   OS PASOS ELEVADOS.

Onte coñecíamos que o Ministerio de  Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, vai realizar unas obras   a partir deste  luns na autoestrada AP9 en Teis, para construír uns “ apartaderos de emerxencia”, no tramo  dos pasos  elevados da Xorxa e da Trapa.

Desde da Asociación, consideramos  “ unha vergoña e un escándalo”, que o Ministerio xa que vai actuar neste tramo da autoestrada, non realice tamén as obras, para mellorar os pasos elevados da Xorxa e da Trapa, como reivindicamos desde hai anos desde Teis.   

Os pasos elevados da Xorxa e da Trapa, carecen dun mantemento axeitado desde hai anos, polo que é necesario unha actuación para   garantir a seguridade dos pasos e o paso  en condicións dos vehículos.

Estes pasos elevados sobre a autoestrada  construíronse  hai catro décadas, para impedir a incomunicación nestes lugares de Teis e permitir o paso de peóns e vehículos, así  acordouse con “Autopistas del Atlántico” e con Ministerio no ano 1979.  Desde entón  usáronse sen ningún problema. Ademais, sinalar que antes da existencia da autoestrada, estas vías xa tiñan os usos actuais.

Cando trasladamos esta demanda de mellorar estes pasos elevados a Demarcación de Estradas en Galiza,  afirmase que son pasarelas peonís, aínda que a súa  construción foi para impedir a incomunicación e o seu uso desde a súa inauguración permitiu o paso peóns e vehículos. A  única conclusión é que non se quer inverter en mellorar estes pasos elevados, despois de 40 anos e  búscanse escusas.

O pasado mes de decembro, dirixímonos por escrito  Raquel Sánchez Jiménez, Ministra de Transporte, Mobilidade e Axenda Urbana, para a reivindicar solucións as demandas sobre a autoestrada AP-9 , que afectan a Teis,  como a necesidade da instalación de pantallas contra o ruído e a mellora dos pasos elevados sobre os camiños da Xorxa e A Trapa, é aínda non recibimos ningunha resposta.

Tamén, hai que critica a falta de implicación do goberno municipal de Vigo e do seu Alcalde, Abel Caballero, que en relación coa autoestrada AP9 e en concreto coa mellora dos pasos elevados en Teis, a pesar de moitas xuntanzas con responsábeis deste Ministerio, non foi quen a día de  hoxe, de conseguir nin tan sequera que se melloren uns pasos elevados.  

Concentración no paso elevado da Xorxa